Calidade

  • Certificado

    Iso 9001. Bureau Veritas Vertificatim

CERTIFICACIÓN DO SISTEMA DE XESTIÓN DE CALIDADE

Dende 1998, a nosa empresa conta coa certificación do Sistema de Xestión de Calidade segundo a norma ISO 9001:2000 por Bureau Veritas. A nosa política de calidade abrangue dende a recepción de materias primas, materias auxiliares (envases, estoxos, etc.) e ingredientes ata o control do produto rematado. Así mesmo, realizamos un seguimento exhaustivo dos procesos de elaboración naquelas etapas críticas para a calidade do produto realizando verificacións tanto en planta como en laboratorio.

SISTEMA DE CONTROL DE PUNTOS CRÍTICOS

Conservas Cuca S.A. ten implantado un Sistema de Control de Puntos Críticos que cumpre coa lexislación vixente relativa á os requisitos técnicos, sanitarios e hixiénicos dos produtos procedentes da pesca destinados ao consumo humano. Segundo a lexislación, a nosa empresa definiu os parámetros a controlar en procesos e materias e a periodicidade  destes controis.

LABORATORIO DE CONTROL DE CALIDADE

Dende 2002 a nosa empresa dispón dun dos laboratorios de control de calidade máis modernos e equipados do sector, autorizado pola Xunta de Galicia en 2004 para ensaios de autocontrol (número de Rexistro Galego de Laboratorios Autorizados: 063/GA).

O resultado deste esforzo reflíctese nos nosos produtos, elaborados conforme a unha política de calidade esixente e avalada polas certificacións obtidas.