Historia
En Conservas Cuca levamos máis de 70 anos seleccionando coidadosamente produtos de primeirísima calidade e empregando métodos tradicionais para facer as nosas conservas de marisco e peixe cun sabor único e exquisito.
Isto conseguímolo grazas á nosa rigorosa selección de produtos (pescados de alba, mariscados á man); á fidelidade ao método tradicional, só con produtos frescos e naturais, sen conservantes nin colorantes; ás receitas centenarias e innovadoras e ao mantemento do nivel máis alto de calidade como o demostra o noso certificado ISO 9001:2000.
Grazas por preferirnos.
-
Renovación1876NacementoVictor Pita Iglesias fundador de Conservas Cuca, naceu en 1876 en Pontedeume. Como fixeron moitos galegos da súa época emigrou a Cuba onde, tras varios anos traballando na illa comezou a traballar xunto ao seu irmán nunha empresa de importación e exportación de produtos españois. Finalmente regresou en 1923.Fábricas
-
Nacemento1935FábricasDurante 1935, inaugurouse a fábrica de conservas de Victor Pita Iglesias. Durante o primeiro ano as principais producións foron as sardiñas en aceite, as ameixas, os mexillóns e as navallas.Marca
-
Fábricas1936MarcaEn 1936 rexistrouse a marca Cuca, como principal marca comercial da empresa. Este nome xorde do alcume dunha das fillas do fundador, Leonor que era máis coñecida como Cuca.Fillos
-
Marca1940FillosEn 1940 entran a traballar na empresa familiar 2 dos fillos de Victor Pita Iglesias, Leopoldo e Victor. Neste mesmo ano coa crise por desaparición das sardiñas nas rías galegas, deciden ampliar a gama de produtos incorporando o bonito e ampliando a gama de mariscos, dando máis presenza ás ameixas e aos berberechos. Por mor desta crise das sardiñas, Victor decatouse da preocupante situación dos recursos da Ría, e advertiron sobre eles á Unión de Fabricantes de Conservas; empuxando a buscar novas fórmulas de regulación e vixilancia. A esta crise sumóuselle a escaseza da ameixa, polo que se expandiron creando unha nova planta en Málaga.Relevo
-
Fillos1950RelevoEn 1950, co falecemento da esposa de Victor Pita Iglesias, traspasou a dirección da empresa aos seus 2 fillos e transformaron a empresa individual en sociedade anónima en 1954 “La nueva Pita hermanos, S.A.”3ª xeración
-
Relevo19803ª xeraciónAo rematar a crise da sardiña na Ría, a empresa pechou a fábrica de Málaga e instaláronse definitivamente en Galicia. Na que tiñan 2 plantas: unha exclusivamente para a produción de sardiñas, capturadas unicamente durante a tempada da especie. Na segunda fábrica trabállanse os mariscos e o bonito. Ademais estenderon a rede comercial a todo o territorio español. Anteriormente, estiveran centrados en Madrid e Barcelona por seren as principais áreas metropolitanas da época. Aínda que nesta época coa compra da marca Massó, de gran tradición na zona de Barcelona, reforzaron a súa presenza neste territorio converténdose na marca líder de Cataluña. Nos años 80 incorporouse á empresa a 3º xeración, dando continuidade á empresa familiar.Renovación
-
3ª xeración2012RenovaciónNa actualidade Cuca, continúa coas 2 plantas de Galicia. E nunha loita constante polo progreso, creou novas liñas de produtos nas que se especializou; conseguindo a acreditación polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia e a creación o segmento Premium.Nacemento