Produtos

Selección e elaboración superior, esta é a razón de ser de Cuca. Comezando o proceso produtivo pola selección das mellores materias primas, aceptando unicamente as que cumpren todos os requisitos para ser un produto Cuca. Posteriormente a elaboración coidada e manual para limpar todos os produtos un a un con grande esmero. Ofrecendo así un produto de calidade superior onde se coidaron ao máximo todos os detalles.
-
Cuca selecciona e elabora os mellores mariscos para achegalos á túa casa. Mariscados e depurados a man, para eliminar a area do mar. Ademais, retíraselles o viso manualmente. Ofrécese un produto limpo e de calidade superior. Na selección de mariscos Cuca encoóntrase: Ameixas, Berberechos, Mexillóns, Navallas e Zamburiñas. Estes mariscos unicamente se elaboran durante o período óptimo de cada un para garantir a máxima calidade en cada lata.
-
Cuca selecciona e elabora os mellores peixes para as súas conservas. Deste xeito a gama de peixes de Cuca está composta por peixes extraídos co maior coidado do seu entorno natural e elaborados respectando os métodos tradicionais, dotándoos dun sabor e unha textura inmellorable. A selección de peixes Cuca está composta por sardiniñas, sardiñas, atún claro, atún, bonito do norte, cabala, melva canutera, luras, chocos e anchoa do Cantábrico. Os peixes cunha selección e elaboración superior directos do mar á túa casa.
-
Cuca é a primeira marca de conservas en acadar a certificación ecolóxica. Como parte do compromiso co entorno no que se atopa e a elaboración de produtos sans e de calidade superior creouse esta gama de produtos elaborados con aceite de oliva virxe extra ecolóxico. Esta gama de produtos está compuesta por: filetes de atún claro, sardiñas e filetes de anchoas. Todos eles elaborados co mellor aceite de oliva virxe extra.