Receita

Volver a receitas

Crema fría de pataca con navallas á prancha, xamón de parrulo e ovo pochado de paspallás

Lixeira e refrescante. Aporta moitas proteínas e poucas calorías. As navallas son ricas en ferro, potasio e fósforo. Son un bo alimento para persoas que non queiran engordar e estar ben nutridas.

  • doada

  • 10 minutes

Ingredientes
  • 3 latas de navallas Cuca 4/8 pezas.

  • 10 patacas medianas.

  • 1 kg de sal gordo

  • 750 ml de nata

  • Medio litro de leite

  • 200 ml de caldo de navallas

  • 4 ovos de paspallás

  • 50 gr de xamón de parrulo cortado en lascas

  • Sal

Preparación

Sacar as navallas da conserva e escorrelas. Reservar a auga para a crema de pataca. Poñer o sal gordo sobre unha bandexa de forno e sobre ela colocar as patacas con pel previamente lavadas.

Introducilas no forno a 200 ºC uns 45 minutos.

Estarán asadas cando ao pinchalas cunha puntilla estean brandas.

Partir as patacas en dúas e pasar a polpa da pataca por un baruto ou polo coador en quente. Necesitamos uns 400 gr de polpa de pataca.

Por outro lado, poñer ao lume a nata e deixala reducir case á metade. Nese momento engadir o leite e o caldo das navallas, deixar ferver uns 2 minutos e afastar.

Engadir fóra do lume a polpa da pataca e triturar moi ben o conxunto. Se quedase moi espesa engadir leite para alixeirala. Poñer a punto de sal e unha vez fría gardala na neveira ata a hora de servir.

Para facer os ovos pochados poñer auga, sal e un chorro de vinagre de viño branco a ferver.

Nese momento, engadir os 4 ovos de paspallás e deixalos ferver moi lentamente uns 30 segundos.

Retiralos da auga fervendo e introducilos en auga con xeos para cortar a cocción.

Á hora de servir dispoñer en 4 pratos fondos a crema fría de pataca. No centro dispoñer 3 navallas por persoa, o ovo pochado de paspallás e as lascas de xamón de parrulo. Engadir un fío fino de aceite de oliva virxe extra.