Receita

Volver a receitas

Flor de cabaciña con espuma de atún, alfábega e aceite de oliva negra e alcaparras

O atún é unha excelente fonte de proteínas de alto valor biolóxico, vitaminas e minerais. Coa vantaxe que é baixo en graxas saturadas, e ten un alto contido de Omega 3 (anti - colesterol).

  • Medio

  • 45 minutes

Ingredientes
  • 8 flores de cabaciña
  • Aceite de oliva

 

Para a espuma de atún:

  • 2 Conservas de atún de CUCA
  • 350ml. de nata espesa
  • 2 claras de ovo
  • 1/2 cabaciña
  • Ceboliño picado
  • Sal e pementa branca

 

Aceite de alfábega:

  • 150ml. de aceite de oliva virxe extra
  • 2 mangados de alfábega
  • 20grs. de piñóns
  • Sal

 

Aceite de oliva negra:

  • 125grs. de oliva negra
  • 20grs. de anchoas CUCA
  • 200ml. de aceite de oliva virxe
  • 10grs. de alcaparras
Preparación

O primeiro que debemos facer é cortar a cabaciña en dados moi pequenos coa pel e saltealos evitando que collan cor. Entre tanto poñer a reducir 3 minutos a nata espesa, e a continuación, fóra do lume, incorporar o atún esmigallado. Engadir os dados de cabaciña, mesturar e incorporar o ceboliño picado.

Unha vez fría a mestura, incorporar as dúas claras de ovo ben batidas e mesturar pouco a pouco.

Encher con este preparado as flores de cabaciña e douralas á hora de servir nunha tixola con moi pouquiño aceite. Reservar.

Preparar o aceite de alfábega triturando as follas co resto de ingredientes. Triturar tamén todos os ingredientes para facer o aceite de oliva negra.

Acompañar as flores de cabaciña co aceite de oliva negra e aceite de alfábega.