Receita

Volver a receitas

Guiso mariñeiro de zamburiñas e lagostinos con gratinado de améndoas

As zamburiña son ricas en proteínas, vitaminas e minerais como o ferro.

  • Medio

  • 30 minutes

Ingredientes
  • 4 patacas de cocer
  • 1 tomate vermello en concassé
  • 2 dentes de allo picados
  • 2 conservas de zamburiñas CUCA

Caldo de lagostinos e zamburiñas

  • 100 gr de lagostinos pelados
  • Aceite de oliva
  • Ceboliño picado e pirifol

 

Maionesa ao allo:

  • 1 dente de allo
  • 250 ml aceite de xirasol
  • 1ovo
  • Sal
  • Améndoas en grao ou laminadas

 

Caldo:

  • 2 tomates vermellos en rama
  • 200 gr de cabezas de gambas ou gambas arroceiras
  • Fumet de peixe ata cubrir
  • ½ cabeza de allos rústicos
  • Xugo de zamburiñas
  • Aceite de oliva
  • 1 folla de louro
  • Sal
Preparación

Quentar previamente o forno a 190 ºC.

Preparar o caldo poñendo ao lume unha pota cun chorro de aceite de oliva. Engadir a media cabeza de allos e dourar. A continuación, introducir as cabezas de gambas e dourar moi ben. Engadir os tomates cortados en anacos irregulares, o louro e cocer uns 10 minutos. Cubrir co fumet de peixe e deixar ao lume uns 45 minutos (se é necesario, engadir máis fumet a medida que se vai reducindo). Antes de retirar o caldo do lume, engadir o xugo das zamburiñas. Coar e reservar ata empregar.

Por outro lado picar moi ben o allo. Dourar nunha pota ao lume, con coidado de que non se queime, e engadir o tomate en concassé. A continuación, engadir as patacas chascadas e mover uns 3 minutos ao lume.

Engadir o caldo de lagostinos e o xugo de zamburiñas quente e deixar a lume medio ata que a pataca estea tenra. Afastar do lume e deixar repousar. Cando vaia ser servido engadir os lagostinos pelados e as zamburiñas e quentar un par de minutos.

Preparar a maionesa ao allo mesturando no vaso do batedor o dente de allo, o ovo e pouco a pouco emulsionar co aceite. Sazonar.

Á hora de servir, poñer o suquet nun prato fondo, cubrir con maionesa ao allo cunhas améndoas por enriba e gratinar a 190 ºC uns 5 minutos. Refrescar con pirifol e ceboliño.

Receita elaborada con
Zamburiñas en salsa vieira