Receita

Volver a receitas

Navallas empanadas con salsa de limón e alcaparras, patacas e vinagreta de noz

As navallas son ricas en ferro, potasio e fósforo. Son un bo alimento para persoas que non queiran engordar e estar ben nutridas.

  • doada

  • 20 minutes

Ingredientes
  • 2 conservas de navallas Cuca
  • Fariña
  • Ovo batido
  • Pan relado
  • Manteiga
  • Aceite

Ingredientes para a ensalada:

  • Ensalada variada: lollorroso, leituga de folla de carballo, escarola, rúcula, etc.

Ingredientes para a vinagreta:

  • 125 ml de aceite de oliva virxe extra
  • 125 ml de aceite de noz
  • 1 cullerada sopeira de mostaza de Dijon
  • 3 culleradas sopeiras de vinagre de Jerez
  • Sal e pementa branca

Ingredientes para a salsa de limón e alcaparras:

  • 100 ml de fumet de peixe
  • 100 ml de auga de navallas
  • Zume de 1 limón
  • 120 gr de manteiga
  • Sal e pementa
  • 1 culleradiña de ceboliño
  • 2 culleradas sopeiras de alcaparras

Ingredientes para as patacas:

  • 8 patacas pequenas
  • Aceite de oliva
  • Louro
  • Auga
  • Sal
Preparación

Para preparar as navallas, bater os ovos e con axuda dun pouco de fariña, empanalas moi ben. As navallas deben estar ben escorridas, reservando a auga da conserva aparte. Quentar nunha tixola un pouco de manteiga, engadir un fío de aceite de oliva e dourar moi ben as navallas. Reservar sobre papel secante de cociña.

Por outro lado, lavar moi ben a ensalada variada e aliñala coa vinagreta. Salpicar sal e pementa.

Preparar a vinagreta mesturando nunha cunca todos os ingredientes e emulsionalos moi ben con axuda dunha variña.

Para rematar, cocer as patacas en auga con louro, sal e un chorro de aceite de oliva. Cando colla temperatura, engadir as patacas e douralas un pouco pola superficie. Baleirar un pouco as patacas con axuda dunha culler parisiense (unha culler sacabólas) e dentro delas dispoñer ensalada variada e aliñala coa nosa vinagreta de noz. Colocar por enriba as navallas ben empanadas e cubrir lixeiramente coa salsa de limón e alcaparras. Servir temperado.

Dificultade: baixa

Tempo: 10 minutos