Receita
Volver a receitas
Penne rigate con compota de tomate, berenxena e berberechos
O iodo, que conteñen os berberechos, é un mineral indispensable para manter o metabolismo activo e sentirnos ben. Tamén é un factor indispensable na dieta da embarazada e do neno xa que contribúe ao desenvolvemento cerebral, e polo tanto da intelixencia.
Medio
45 minutes
- 2 conservas de berberechos CUCA
- 240 gr de pasta penne rigate
- 2 berenxenas
- Auga, aceite e sal
- 600 gr salsa de tomate
Para facer a salsa de tomate:
- 150 gr de aceite de oliva
- 150 gr de cebola
- 2 dentes de allo
- 100 gr de cenoria
- 1 kg de tomate pelado
- Ourego
- Follas de alfábega
- 200 gr tomate en concassé
- Perexil picado
- Sal
- Azucre
Debullar unha berenxena e cortala cun grosor de 1 cm. Salgar para que perda a súa auga. Cortar en bastonciños, fritir en aceite de oliva e reservar.
Cocer a pasta en abundante auga fervendo e deixala uns 12 minutos.
Para facer a salsa de tomate, dourar a cebola e o allo con aceite. Engadir a cenoria, o tomate e ferver uns 5 minutos. Triturar e coar. Poñer a punto de sal e azucre.
Engadir os berberechos ben escorridos, dar un fervor e incorporar tamén a berenxena en bastóns, alfábega picada e o tomate en concassé.
Para rematar cortar en láminas moi finas a outra berenxena. Salteala un pouco nunha tixola ao lume para darlle un pouco de cor. Retirar e deixar arrefriar.
Á hora de servir, dispoñer unha lámina de berenxena sobre a mesa de traballo. No centro colocar os penne rigate con berberechos e pechar en forma de canelón.
Dar un golpe de forno a 160 ºC durante 5 minutos ou de microondas uns 40 segundos.