Receita

Volver a receitas

Tempura de ameixas e verduras

Moito ferro, calcio e fósforo. Boas para a memoria. As ameixas son alimentos que aportan poucas calorías. O seu alto contido en fósforo e vitaminas do grupo B, convérteas nunha axuda indispensable para manter o sistema nervioso en forma.

  • doada

  • 20 minutes

Ingredientes
  • Media cabaciña

  • Media berenxena

  • Medio pemento verde italiano

  • Medio pemento vermello

  • 4 espárragos trigueiros

  • 12 ameixas ao natural Cuca

  • Sal fino

  • Sal maldon

  • Aceite de oliva

 

Ingredientes para a tempura:

  • 200 gr de fariña

  • 300 ml de auga moi fría.

  • Fermento químico

 

Ingredientes para a salsa de soia

  • 100 gr de azucre

  • 100 ml de vinagre de viño branco

  • 50 ml de salsa de soia.

Preparación

Cortar toda a verdura en forma irregular.

Para preparar a tempura poñer nunha cunca 200 gr de fariña con 1 c.c. de fermento químico e ir engadindo auga moi fría, mesturar coa axuda dunha variña.

Reservar ata a hora de utilización.

Por outro lado, preparar a salsa de soia poñendo a ferver o vinagre de viño branco co azucre. Aos 2 minutos de ferver retirar do lume e engadir a salsa de soia. Deixar arrefriar antes de utilizar.

Poñer unha tixola ao lume con bastante aceite de oliva. Deixar que alcance temperatura e ir mollando a verdura pouco a pouco e as ameixas ben escorridas na tempura. Introducir no aceite pouco a pouco. Unha vez fritido poñer sobre papel secante de cociña.

Á hora de servir colocar a tempura no centro do prato en forma de castelo e sazonar co sal maldon esparexido por enriba. Tapar con salsa de soia fría.