Receita

Volver a receitas

Vasiño de gazpacho de amorodo con navallas

Coida da túa liña.

As navallas son mariscos ricos en proteínas, minerais e vitaminas, sen case graxa.

Alimentan moito e non engordan.

Este prato é ideal en dietas de adelgazamento.

  • doada

  • 10 minutes

Ingredientes
  • 1 kg de amorodos maduros

  • 60 gr de pemento verde

  • 35 gr de pemento vermello pelado

  • 20 gr de cebola

  • Medio cogombro pelado

  • 100 gr de miga de pan

  • 15 ml de vinagre de Xerez.

  • 150 ml de aceite de oliva.

  • 200 ml de auga.

  • Sal

  • 1 chisca de azucre

  • 3 conservas de navallas ao natural Cuca.

Preparación

Pelar o pemento vermello e o cogombro, quitándolles as sementes.

Triturar as verduras, os amorodos e o resto dos ingredientes menos o aceite.

Despois engadir o aceite de forma continua, ata que emulsione a mestura.

Poñer a punto de sal.

Á hora de servir poñer en pratos fondos e no centro colocar as navallas. Engadir un fío fino de aceite de oliva.